InicioPolíticaO PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas...

O PPdeG acusa a PSOE e BNG de apostar pola privatización nas residencias de Lugo

Os populares critican a "hipocrisía" dos gobernos locais e provinciais e reclaman unha xestión pública real.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PPdeG acusa a PSOE e BNG dun “modelo privatizador” nas residencias da provincia de Lugo, tanto na Deputación como nos municipios nos que gobernan. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e o portavoz na Deputación, Antonio Ameijide, reuníronse con membros da Plataforma Prol Residencia de Becerrá para abordar esta cuestión.

Así, Elena Candia pediu a PSOE e Bloque que “respecten á xente de Becerreá, que cumpran o que piden facer noutras administracións e que abandonen a hipocrisía para que Becerreá teña a residencia que merece”.

“Din defender os intereses dos galegos, pero consenten que outras comunidades vaian ter máis á conta de que Galicia teña menos cunha ‘cota’ feita á medida do independentismo catalán e a cambio de prolongar un pouco máis a agonía de Pedro Sánchez na Moncloa”, recriminou Prado. Mentres, Antonio Ameijide esixiu que “todos os centros presten os servizos para o cales foron creados e co mesmo prezo en toda a provincia”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...