InicioMovementos sociaisA UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na...

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da súa Xunta Reitora, órgano de goberno do Consorcio Universitario, na que aprobaron por unanimidade as contas anuais de 2024 e fixeron fixo un balance do curso que acaba de terminar no que se rexistrou un importante crecemento na matrícula.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da súa Xunta Reitora, órgano de goberno do Consorcio Universitario, na que aprobaron por unanimidade as contas anuais de 2024 e fixeron fixo un balance do curso que acaba de terminar no que se rexistrou un importante crecemento na matrícula.

No balance económico, a directora do centro, Ana Belén Traseira Pena, anunciou o plan de xestión de calidade e o orzamento para o exercicio 2026, que ascende a 1.090.550,17 euros, mentres que no curso que finalizou, rexistrouse unha marca de matrícula en ensinos regulados cun total de 1.200 estudantes, e un importante crecemento en extensión universitaria ao realizarse 8.150 matrículas en 119 actividades, o que supón un incremento do 13% respecto ao curso anterior.

A directora da UNED Lugo estivo acompañada representantes institucionais como a vicerreitora de Centros Asociados da UNED, Isabel Martín del Llano; o presidente da Deputación, José Tomé; o alcalde de Lugo, Miguel Fernández Méndez; o alcalde de Foz, Fran Cajoto García; o portavoz do PTGAS, Carlos García; a representante do profesorado titor, Reyes Rodríguez, e o secretario do centro, Alejandro Prieto.

Entre os fitos máis destacados do curso que acaba, a directora subliñou a consolidación do programa de sustentabilidade LugoNaturalMente, con 77 actividades e máis de 5.100 participantes, así como a incorporación de catro traballadores en prácticas a través do programa SEPE e dous bolseiros ODS grazas ao Vicerreitorado de Sustentabilidade.

Tamén se puxo en valor o impacto do LCDPodcast, que suma xa 22 episodios, 79.000 visualizacións e máis de 13.000 subscritores, así como a activa participación da UNED de Lugo en programas como STEMBach, o ciclo UNED Sen Fronteiras e a consolidación da súa estratexia de Aprendizaxe-Servizo (ApS), con momentos destacados como o I Congreso Internacional de ApS en contornas dixitais.

Entre os eventos institucionais máis relevantes do curso figuran as XXXVIII Xornadas Penais Lucenses Concepción Arenal, as XVII Xornadas Xurídicas Román García Varela e o recoñecemento de LugoNaturalMente como un do dez mellores proxectos do certame nacional ‘Europa se siente’.

Un dos acordos crave da reunión foi a substitución na presidencia do Consorcio Universitario, que pasa do Concello de Lugo á Deputación de Lugo, segundo o sistema rotatorio bienal.

A partir de agora, a presidencia vaina exercer o presidente da institución provincial, José Tomé Roca, quen agradeceu a confianza e expresou o seu compromiso “coa educación superior pública e de calidade”.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...