InicioSucesosIdentificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por...

Identificados catro almerienses por presuntamente estafar 4.500 a un empresario lucense por Internet

Os presuntos delincuentes utilizaron o método B.E.C, polo cal se suplanta a identidade de persoas de confianza para enganar aos empregados para que estes envíen diñeiro ou datos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo identificou a catro veciños de Almería por supostamente estafar 4.500 euros a un empresario lucense a través de Internet. Tal e como trasladou o organismo, os implicados son presuntos autores dos delitos de estafa, usurpación de estado civil e branqueo de capitais. Os feitos remóntanse ao comezo do ano, cando un empresario lucense presentou unha denuncia ante a Garda Civil manifestando que fora vítima dunha estafa por un importe de 4.500 euros.

A continuación, tal e como informou a Garda Civil, iniciouse unha investigación policial, na cal se comprobou que a persoa receptora do importe subtraído falecera días antes, e a pesar diso a súa actividade financeira seguía activa. Esta persoa “perdera previamente a súa documentación e a trama delituosa utilizouna para realizar as súas actividades ilícitas”.

A investigación continuou ao longo de varios meses logrando os axentes identificar a quen estaban realmente detrás da estafa cometida. Tal e como informou a Garda Civil, os presuntos delincuentes utilizaron o método B.E.C, polo cal se suplanta a identidade de persoas de confianza para enganar aos empregados para que estes envíen diñeiro ou datos.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...