InicioPolíticaO alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

O alcalde de Lugo Miguel Fernández toma as rendas do PSOE local

Presentouse unha única lista na que Miguel Crende é o segundo e María Jesús Navarro asume a presidencia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, foi elixido secretario xeral do PSOE local, en substitución da edil Ana González Abelleira, que deixa o cargo tras sete anos á fronte e centrarase no seu labor como concelleira de Cohesión Social, ademais de adquirir outras competencias pola baixa doutro concelleiro.

O mandatario lucense, que chegou á Alcadía tras o repentino falecemento de Paula Alvarellos, reforza así a súa presenza no partido para postularse como candidato para as próximas eleccións municipais, previstas para dentro de dous anos. Fernández tamén mantén o seu posto de deputado provincial, ao que non renunciou tras o seu nomeamento como alcalde.

Os membros do PSOE votaron unha única lista, na que a cabeza visible é, por tanto, Miguel Fernández, que estará acompañado na dirección por Miguel A. Crende, que ocupa a Secretaría de Organización e Acción Electoral. Pola súa banda, a presidencia estará nas mans de María Jesús Navarro e a vicesecretaria de portavocía será Olimpia López, con Alejandro Trashorras Murado na Adxunta.

Tania González López asume a Secretaría de Estudos e Programas, mentres que Jesús Castro Vázquez estará á fronte da Secretaría de Planificación Estratéxica Local. Inés Fernández Lamela encargarase da Secretaría de Muller e Mª Carmen Méndez Mazoy dirixirá a Secretaría de Educación, Universidade e Formación Profesional. Ademais, Hugo Ucha Boán coordinará a Secretaría de Redes Sociais e Comunicación e Mª Pilar Roca Núñez situarase á fronte da Secretaría de Benestar e Políticas Sociais.

Pola súa banda, Manuel Núñez López ocupará a Secretaría de Política Municipal. A concelleira Mª Ángeles Novo Martínez estará á fronte da Secretaría de Participación Xuvenil, e José Manuel González Pardo liderará a Secretaría de Protección á Comunidade. Ademais, Alejandra Sánchez Taboada responsabilizarase da Secretaría de Relacións Laborais e Emprego, mentres que Alfonso Orol Castro dirixirá a Secretaría de Administración e Formación. Mª Dolores Cedrón Rey asumirá a Secretaría de Vivenda e Retos Habitacionales.

José Ramón González Piñeiro estará á fronte da Secretaría de Innovación e Transición Ecolóxica. Miguel Caloto Conde farase cargo da Secretaría de Novas Tecnoloxías. A Secretaría de Igualdade estará dirixida por Tania López López, e a de Dinamización Cultural por Elvira Pérez López. Na área económica, Francisco Javier Rodríguez Carrasco coordinará a Secretaría de Dinamización Económica. Mª Carmen Ozores Vigide ocupará a Secretaría de Movementos Asociativos e Gerardo Fouce Pérez dirixirá a Secretaría de Cohesión Territorial e Medio Rural.

A Secretaría de Igualdade contará tamén coa participación de Eugenia Iglesias Vargas, e Santos Gabriel Areas Ruíz encargarase da Secretaría de Persoas Maiores, Pensionistas e Xubiladas. Miguel Ángel Crende López encabeza tamén o grupo de delegados ao Comité Nacional, xunto con Ana Mª Hortas Alonso, Ángel Viro Porto, Olimpia Rodríguez López, Manuel Núñez López e Tania González López. Ademais, asistirán ao Comité Provincial: Mª Pilar Roca Núñez, Francisco Javier Rodríguez Carrasco, Marta Herbón Meilán, Santos Gabriel Areas Ruíz, Belén Mª Encabo González, Dolores Cedrón Rey, Yago Atadell Martínez, Irene Bouzas Martull e Montserrat Rodríguez Souto.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...