InicioPolíticaO PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola "maior crise de...

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

Nun comunicado remitido aos medios este mércores, o PP de Lugo sostén que o "sectarismo e a soberbia" de José Tomé convérteno no presidente "máis illado da historia" da institución provincial, "un presidente sen apoios nin entre os seus, escondido sen saber como reaccionar"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante o que cualificou como a “maior crise de goberno” na institución provincial despois de que na xornada do mércores o Partido Socialista perdese as votacións no pleno pola ausencia de tres deputados do PSOE, os tres que lideraron a candidatura alternativa no proceso de primarias: Iván Castro, José María Arias e Marisol Morandeira.

Nun comunicado remitido aos medios este mércores, o PP de Lugo sostén que o “sectarismo e a soberbia” de José Tomé convérteno no presidente “máis illado da historia” da institución provincial, “un presidente sen apoios nin entre os seus, escondido sen saber como reaccionar”.

Antonio Ameijide reclamou “un goberno xusto con todos os lucenses” á fronte da Deputación provincial. “E está máis que claro que con José Tomé, o PSOE e o BNG á fronte non é posible polo que deben apartarse”, sostivo o popular.

Ameijide sostivo que se trata de “un goberno máis pendente das súas conveniencias persoais” que de gobernar á provincia e lembrou como “o municipalismo de amiguetes” de Tomei “illouno da realidade da provincia”, chegando ao momento no que, segundo dixo, “nin concorda con moitos alcaldes e portavoces do seu partido” como “se reflicte en que nin pode garantir que o seu goberno acuda aos plenos da Deputación a apoialo”.

O popular sostivo que Tomei “sempre di que veu instaurar un ciclo de unidade e tranquilidade” na Deputación, pero asegurou que “os feitos desmenten as súas palabras, as dun presidente que pretende dar leccións aos demais cando non ten consellos nin para si mesmo”.

Ameijide dixo que “xa pasaron 24 horas” do inicio da crise de goberno e que “José Tomei segue escondido”. “José Tomei ten que dar explicacións porque todos os lucenses merecémolas”, afirmou.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...

A Deputación achega o audiovisual á III Feira de Educación, Formación e Emprego

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, xunto ao Deputado de Promoción Económica...