InicioPolíticaO PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

Os populares cualifican as denuncias como "indecentes" e acusan aos socialistas de buscar destruir a reputación dunha representante pública.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo respondeu con “absoluta rotundidade” ás “graves acusacións” do PSOE lucense contra a súa presidenta provincial, Elena Candia, á que os socialistas pedían responsabilidades políticas pola súa suposta implicación na Operación Polbo, cuxa última peza foi arquivada tras 12 anos de instrución. Os populares cualificaron as acusacións de “indecentes” e aseguraron que se trata dun intento desesperado de destruír a reputación dunha representante pública.

Nun comunicado emitido este sábado, o PP subliñou que, en vez de ofrecer explicacións polos escándalos que afectan ao PSOE a nivel nacional, os socialistas elixen atacar a quen “actuou conforme á lei”. Ademais, cualificaron de “revelador” que nun momento difícil para o PSOE estatal, os seus representantes en Lugo se dediquen a cuestionar a quen defende a legalidade e a transparencia.

Finalmente, o Partido Popular expresou o seu total apoio e confianza en Elena Candia, describíndoa como un referente de rigor, compromiso e traballo por Lugo e Galicia. Garantiron que continuarán traballando con firmeza e sen deixar que os ataques dos que están sendo cuestionados pola cidadanía os amedrenten.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...