InicioSucesosPermanecen na UCI o condutor e os dous menores feridos o accidente...

Permanecen na UCI o condutor e os dous menores feridos o accidente de Xermade no que morreu unha muller

O sinistro produciuse sobre as 18.50 horas na estrada LU-861, á altura do quilómetro 12, na parroquia de Candamil. Foi un particular quen contactaba co 112 Galicia para alertar de que un vehículo se saíu da vía e se precipitou por un barranco ata unha zona de maleza e de difícil acceso.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O condutor do vehículo accidentado este luns no municipio lucense de Xermade, no que faleceu unha muller de 27 anos, permanece ingresado na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), mentres que os dous menores feridos atópanse estables na UCI pediátrica do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). 

O sinistro produciuse sobre as 18.50 horas na estrada LU-861, á altura do quilómetro 12, na parroquia de Candamil. Foi un particular quen contactaba co 112 Galicia para alertar de que un vehículo se saíu da vía e se precipitou por un barranco ata unha zona de maleza e de difícil acceso. O golpe foi tan forte que o teito do coche desprendeuse.

Tras recibir o aviso, a central de emerxencias activou un amplo operativo coa participación de Urxencias Sanitarias-061, que desprazou ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago, unha ambulancia asistencial de soporte vital avanzado e dúas ambulancias asistenciais de soporte vital básico, ademais de persoal sanitario da PAC de Vilalba. Tamén acudiron os bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e Protección Civil.

Ao chegar punto, os equipos de emerxencias indicaron que todos os ocupantes do vehículo estaban accesibles, pero que era necesaria a intervención dos bombeiros para o rescate, xa que o terreo no que estaban era complicado. Foron atendidos catro pacientes: unha muller de 27 anos (A.C.E.), falecida no punto; un home de 35 anos (B.R.D.), trasladado en helicóptero ao CHUAC; e dous menores, evacuados en ambulancia ao HULA.

ÚLTIMAS

A Xunta apoia a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O goberno galego trasladou o seu apoio á candidatura de Lugo para ser sede...

Ferraz ratifica a Carmela López mentres o BNG garante a maioría na Deputación de Lugo ante as críticas do PP

A dirección federal do Partido Socialista ratificou na tarde deste luns á alcaldesa de...

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...