InicioSociedadeXulgan a dous homes que se agrediron mutuamente por un cabalo que...

Xulgan a dous homes que se agrediron mutuamente por un cabalo que entrou na propiedade dun deles en Xermade

Un dos acusados enfróntase a unha pena de catro anos de prisión por un delito de lesións e deberá indemnizar con máis de 6.900 euros á vítima.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Audiencia Provincial de Lugo acolle o vindeiro martes, día 13, o xuízo contra dous homes por pelexarse pola presenza dun cabalo nunha leira propiedade dun dos procesados. Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos producíronse o 18 de setembro de 2022 cando se atopaban nas inmediacións dun deles na localidade de Xermade.

“Coa intención de agredirse mutuamente”, ambos, golpeáronse. Un dos acusados colleu do maleteiro do seu coche un gato metálico para agredir ao outro home. Así mesmo, o outro acusado fixo uso dun obxecto de ferro e golpeou no rostro ao outro procesado. Por todo iso, un dos acusados enfróntase a unha pena de catro anos de prisión por un delito de lesións deberá indemnizar con máis de 6.900 euros á vítima. Para o outro procesado, o Ministerio Publico pide unha pena de tres meses de multa por un delito leve de lesións e deberá indemnizar ao outro home con máis de 3.100 euros.

ÚLTIMAS

A Xunta apoia a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O goberno galego trasladou o seu apoio á candidatura de Lugo para ser sede...

Ferraz ratifica a Carmela López mentres o BNG garante a maioría na Deputación de Lugo ante as críticas do PP

A dirección federal do Partido Socialista ratificou na tarde deste luns á alcaldesa de...

Un cento de tractores toman Lugo contra o acordo UE-Mercosur e alertan da “desaparición” do sector primario

Un centenar de tractores percorreron este luns as rúas de Lugo para secundar a...

Rueda reta ao BNG a non facilitar a presidencia da Deputación de Lugo ao PSOE

O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, retou ao BNG...