InicioSociedadeEntregan 2.000 sinaturas na Xunta para ter pediatra en Castro e Outeiro...

Entregan 2.000 sinaturas na Xunta para ter pediatra en Castro e Outeiro de Rei

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha representación das familias afectadas pola falta de pediatra dos concellos de Castro de Rei, Outeiro de Rei e Cospeito entregaron este mércores no rexistro da Xunta de máis de 2000 sinaturas que recolleron entre a veciñanza que mostrou o seu apoio a esta petición.

Esta recollida e entrega de sinaturas dirixidas á Consellería de Sanidade é un paso máis para que as súas reclamacións non caian no esquecemento e así seguir pedindo que se restableza este servizo tal a como estaba antes destes recortes. “É unánime, entre as familias, a decisión de seguir ideando actividades para facernos escoitar, e intentar que se siga visibilizando este problema, polo que non descartamos outro tipo de accións para que nos teñan en conta á hora de restablecer este servizo nos tres concellos mencionados”, din.

Denuncian que a supresión de pediatría xera unha situación de desatención sanitaria para as crianzas, facéndooos desprazar longas distancias para acceder a consultas especializadas en pediatría. “A inseguridade que xera o feito de non saber se hai ou en que centro de saúde temos atención pediátrica así como a supresión de horas deste servizo básico vulnera o dereito á protección da saúde recoñecida na Constitución e na Convención sobre os Dereitos do Neno“, critican.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo reclama explicacións a Tomé pola “maior crise de goberno” na Deputación

O Partido Popular de Lugo esixiu explicacións ao presidente da Deputación, José Tomé, ante...

Morre unha muller atropelada por un tren nun paso a nivel en Rábade

Unha muller faleceu este martes pola noite tras ser atropelada nun paso a nivel en...

O BNG denuncia a falta de pediatra no centro de saúde de Becerreá e a Xunta di que a praza estará cuberta en xullo

A deputada do BNG Olalla Rodil mantivo un encontro con veciños do municipio lucense de Becerreá para valorar...

Piden cinco anos para o home que atropelou un motorista en Lugo que morreu polo impacto

O Xulgado do Penal número 2 de Lugo quedou pequeno este mércores para acoller...