InicioSociedadeA cidade de Lugo honra a súa alcaldesa Paula Alvarellos con tres...

A cidade de Lugo honra a súa alcaldesa Paula Alvarellos con tres días de loito oficial

As bandeiras ondearán a media hasta como sinal de pesar pola súa repentina morte o venres.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Concello de Lugo declarou tres días de loito, entre as 13.00 horas deste sábado e as 13:00 do martes, e suspendeu todos os actos oficiais –particularmente os do Entroido– tras a repentina morte da alcaldesa, Paula Alvarellos, na mañá deste sábado tras sufrir un infarto o venres.

Durante o tres xornadas de loito, as bandeiras do Consistorio e do resto de dependencias municipais ondearán a media hasta, tal e como informa o Concello nun comunicado no que mostra o pesar tanto do goberno local como da Corporación, que acompañan á familia, amizades e compañeiros de Alvarellos “nun momento de enorme dor para a cidade”.

O Concello de Lugo agradece as “innumerables mostras de agarimo” que están a mostrar autoridades, institucións, entidades do tecido asociativo, clubs deportivos “e, en xeral, de toda a sociedade lucense”. “Un reflexo do profundo aprecio e respecto que suscitaba Paula”, engade o comunicado, que destaca “a pegada” que Alvarellos deixou “en tantas persoas”.

“Quen tivo a sorte de compartir con ela esta aventura, de traballar ao seu lado, sabe que Paula Alvarellos foi moito máis que unha alcaldesa. Era unha persoa próxima e empática, alguén que sabía escoitar, unir equipos e crear espazos de confianza e motivación”, subliña o Consistorio.

O Concello refírese a a ata agora rexedora como “sempre honrada e íntegra”, cun compromiso coa cidade e os veciños que “ía máis aló da responsabilidade institucional”, porque “era unha convicción persoal, unha forma de entender a política desde a proximidade e a humanidade”.

Ás portas da casa consistorial, a concelleira socialista Ana Belleira compareceu ante os medios de comunicación, visiblemente emocionada, para manifestar o “profundo pesar” do goberno local e da Corporación, á vez que daba as súas “condolencias” a familiares, amizades, coñecidos e veciños que tiveron “a sorte” de coñecela.

Unha muller alegre, chea de vida, unha muller compañeira dos seus compañeiros, que fai equipo. Lamentablemente, deixounos demasiado pronto e con moito traballo por facer, así que honremos a súa pegada e sexamos capaces de superar este transo porque é un día moi doloroso para as súas compañeiras e para toda a cidade”, declarou Abelleira.

UN DÍA DE LOITO EN FERROL

Tamén o Concello de Ferrol, cidade hermanada con Lugo, decretou un día de loito polo falecemento de Alvarellos. Así, as bandeiras ondearán a media hasta entre as 14.00 deste sábado e a mesma hora do domingo.

O alcalde ferrolán, José Manuel Rei Varela (PP), pronunciouse en redes socialies sobre esta “durísima noticia” e únese “á dor” de familia, compañeiros e lucenses: “Alcaldesa comprometida. Muller traballadora, valente e apaixonada. DEP”.

ÚLTIMAS

O Gran Premio de España de Motocrós traerá a Lugo aos mellores pilotos do mundo por segundo ano consecutivo

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves na presentación do...

O TSXG confirma 10 anos de cárcere a un home que violou a unha moza de 14 anos en Lugo, pero triplica a indemnización

A Sala do Civil e Penal do TSXG confirmou a sentenza da sección segunda...

José Tomé defende que “o futuro está na terra” nun foro sobre enxeñería forestar e agraria

"O futuro está na terra", así comezou a súa intervención o presidente da Deputación...

O TSXG eleva a 3 anos a pena para un condenado por agresión sexual á neta dos seus veciños en Lugo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...