InicioSucesosIdentificadas 40 persoas e incautada droga e unha arma en varios locais...

Identificadas 40 persoas e incautada droga e unha arma en varios locais nocturnos de Lugo durante un operativo policial

Policía Local e Nacional actuaron de forma coordinada en sete locais da cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local e da Policía Nacional realizaron unha redada en varios locais de lecer nocturnos de Lugo esta fin de semana, que terminou cunhas 40 persoas identificadas e con intervencións de drogas e dunha navalla, seguindo a liña de actuacións previas e das denuncias veciñais. A acción coordinada levouse a cabo a noite do venres ao sábado en locais de hostalaría na rúa Milagrosa, Luís Seoane, Amor Meilán, Manuel María e Mariña Española. Nesta última foi onde tivo lugar a maior actuación, xa que se inspeccionaron tres locais de lecer nocturno nos que se identificou a un total de 28 persoas. Durante a intervención, os axentes realizaron dúas identificacións por posesión de cocaína, o que levou tamén denuncias. Ademais, levantouse unha acta por falta de respecto aos axentes da autoridade.

A noite comezou cunha intervención que tivo lugar nun local da rúa Milagrosa, onde, tras a identificación de oito persoas, constatáronse varias irregularidades. Entre elas, a presenza de extintores coa data de revisión caducada desde 2023, a ausencia de cartelaría obrigatoria como as follas de reclamacións, a prohibición de fumar e a prohibición de venda de alcol a menores, así como a falta de contratación do seguro de actividade. Ademais, os axentes interviñeron unha cantidade de droga, concretamente cocaína, o que derivou nunha denuncia por infracción á Lei de Protección da Seguridade Cidadá. Tamén se confiscou unha arma branca, neste caso unha navalla, o que supuxo outra denuncia pola mesma normativa. Na rúa Luís Seoane, noutro establecemento inspeccionado onde se identificaron catro persoas, detectáronse infraccións semellantes, como a ausencia de carteis obrigatorios, a falta dun botiquín e a inexistencia do seguro de actividade.

Ás 5.35 horas, os axentes detectaron un local da rúa Amor Meilán que se atopaba en funcionamento con clientes consumindo no seu interior. Ademais, comprobaron que dúas do tres persianas metálicas de saída estaban completamente pechadas, mentres que a terceira estaba parcialmente baixada, obrigando aos clientes a axeonllarse para saír. Debido a isto, os axentes levantaron actas por exceder o horario máximo de peche e por incumprimento das medidas de seguridade, dado o risco que supuña o estado das saídas de emerxencia, completamente taponadas. Previamente, outro local da rúa Manuel María foi denunciado por exceder o horario de peche, xa que sendo as 5.00 horas estaba aínda en actividade con clientes no seu interior.

OUTRAS INTERVENCIÓNS

Durante a noite e fóra das redadas realizadas, unha patrulla da Policía Local localizou a un home que estaba a consumir haxix na vía pública e durante o cacheo intervéuselle unha importante cantidade do mesmo, polo que foi tamén denunciado. Así mesmo foron localizados dous homes aos que viandantes acusaron o roubo dun teléfono e tamén dunha carteira. Cando foron atopados non levaban ningún dos obxectos enriba, pero atoparon o teléfono nunha vivenda abandonada na que as testemuñas situaron aos denunciados.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...