InicioSociedadeA DGT aconsella circular con precaución pola LU-633 en Pedrafita debido á...

A DGT aconsella circular con precaución pola LU-633 en Pedrafita debido á nevada

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) informa de que a circulación está condicionada na estrada LU-663, en Pedrafita, debido á meteoroloxía adversa. Así, a advertencia afecta en concreto ao tramo entre o quilómetro 0 (Pedrafita) e o quilómetro 20 (Queixadoiro), en ambos os sentidos, debido á nevada. A estrada é transitable, pero a DGT avisa da necesidade de ter precaución.

O impacto da borrasca ‘Ivo’ está a deixarse notar tamén noutras estradas da rede viaria galega. Segundo informaba o 112, ata o pasado mediodía xestionáronse 68 incidentes (dun total de 212) por caídas de ramas e árbores nas estradas, e rexistráronse dous accidentes en Ourense e Pontevedra provocados polas granizadas.

+ posts

ÚLTIMAS

Os bombeiros intentan sufocar un incendio en Xermade

Equipos de bombeiros atópanse actualmente traballando na extinción dun lume declarado na parroquia de...

Xunta e Deputación de Lugo avanzan no consenso sobre o anteproxecto da Lei de Administración Local

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado da directora xeral de...

Senadores do PP de Lugo sinalan que o Goberno non acometerá a rehabilitación da N-120

Senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno central recoñece nunha resposta...