InicioLugo e contornaLugoAprobados os orzamentos de Lugo cos votos de PSOE e BNG e...

Aprobados os orzamentos de Lugo cos votos de PSOE e BNG e co ‘non’ do PP

O equipo de Goberno incidiu en que se trata duns orzamentos "realistas", "ilusionantes" e "comprometidos" coas políticas sociais e onde se puxeron en valor os investimentos, que ascenden a 9 millóns de euros

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo sacou adiante os seus orzamentos para 2025 co voto da maioría que ostentan os grupos de PSOE e BNG, que permitiron a aprobación dunhas contas que ascenden a 121 millóns de euros, 2,2 millóns máis que no exercicio anterior.

Os orzamentos foron aprobados este xoves nunha sesión plenaria na que o PP cargou contra a súa elaboración por incorrer no “endebedamento” e basearse en previsión “irrealizables”.

O equipo de Goberno incidiu en que se trata duns orzamentos “realistas”, “ilusionantes” e “comprometidos” coas políticas sociais e onde se puxeron en valor os investimentos, que ascenden a 9 millóns de euros.

Pola súa banda, o Partido Popular reiterou a súa crítica, fundamentada en que se trata dunhas contas que “endebedan” aos lucenses acusando novamente de facer unha repartición desigual de fondos entre as asociacións, “sendo as máis baixas dos últimos anos, baseadas en previsións irreais sen garantir investimentos estratéxicos”.

O atraso na presentación das contas e as acusacións de “falta de respecto” ás propostas populares tamén marcaron unha sesión na que o principal punto do día recuperou os intercambios de declaracións e acusacións realizados nas dúas últimas semanas.

Tamén se fixo oficial neste pleno a saída do concelleiro nacionalista Felipe Rivas, que abandona por motivos de saúde. Rivas quixo recoñecer o esforzo e a dedicación do equipo de Goberno e de todo a persoal da área de Educación, co que traballou “man a man” nos últimos anos.

“Hoxe tócame dar un paso ao lado, pero sigo crendo firmemente no proxecto do BNG e no seu traballo para facer de Lugo unha cidade máis xusta, máis sustentable e máis dinámica”, dixo.

Os nacionalistas non viron saír adiante a súa proposta para que se recoñecese a Castelao como o primeiro presidente de Galicia, polos votos en contra do PP, pero se foi aprobada, por unanimidade, a que reclama ao Estado que interveña na mediación do sector do taxi, que se manifesta pola subida do prezo dos seguros.

O PP tamén levaba unha batería de propostas. Conseguiron unanimidade na proposición para actualizar o convenio dos xestores, pero noutro tres os dous partidos de Goberno votaron en contra. Neste caso, quedou atrás o proxecto de impulsar Lugo como cidade universitaria, con convenios para integrar aos alumnos en proxectos municipais, a apertura da avenida Vila Verde ou a iniciativa de revitalizar Recatelo e o parque Rosalía de Castro.

ÚLTIMAS

O ferido dun tiro en Lugo acaba detido por tenencia de armas e confírmase que se disparou a si mesmo por accidente

O home que resultou ferido o pasado fin de semana no Barrio de Feijoo...

A Xunta adxudica melloras na LU-113 e LU-530 por máis de 3,2 millóns de euros

A Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas adxudicou por máis de 3.240.000 euros...

Un home resulta ferido por disparo no barrio de Feijoo

Un home resultou ferido por arma de fogo na noite deste venres no barrio...

O PP denuncia que Puente “dá por descartadas” as variantes e a lanzadeira ferroviaria entre Lugo e Ourense

O PP de Lugo denunciou que o ministro de Transportes e Mobilidade Sustentable, Óscar Puente, dá...