InicioPolíticaO PP de Lugo acusa ao Goberno de querer suprimir o bus...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de querer suprimir o bus estatal en 11 concellos

O PP destaca que o transporte interurbano de viaxeiros por estrada é un servizo de carácter público de competencia estatal prestado mediante un contrato de concesión

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo denunciou que o Goberno de Sánchez quere suprimir o servizo de transporte estatal en autobús en 11 concellos lucenses, a metade dos afectados en Galicia, segundo o novo mapa concesional de autobús estatal.

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano-, realizaron unha pregunta na que interpelaron ao Goberno sobre se “prevé rectificar” a súa intención de suprimir as paradas na Pontenova, Meira, Guitiriz, Palas de Rei, O Corgo, Baralla, Monterroso, As Nogais, Pedrafita, Chantada e Quiroga.

Ademais, lembra que Grupo Popular logrou aprobar unha iniciativa no Senado –co voto en contra do PSOE e a abstención do BNG– na que instan o Executivo a elaborar un novo mapa que “corrixa esa discriminación aos pequenos concellos do rural”.

O PP de Lugo sinala que as liñas regulares de transporte de viaxeiros por autobús “son claves” para garantir e favorecer a mobilidade dos coidados, en especial dos que viven en zonas rurais e con menor densidade de poboación, e tamén para comunicar os territorios das distintas comunidades autónomas de España.

O PP destaca que o transporte interurbano de viaxeiros por estrada é un servizo de carácter público de competencia estatal prestado mediante un contrato de concesión. Por tanto, corresponde ao Goberno de España e, en particular, ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable, deseñar a rede estatal.

Neste contexto, lembra que en xullo do 2022 tivo lugar o primeiro intento de “impor” un novo mapa de rutas do autobús estatal, algo que asegura que provocou “gran alarma” e alegacións tanto entre os gobernos autonómicos como entre a cidadanía, pola supresión de paradas e rutas.

“A pesar de que no seu momento retirouse esta proposta polo rexeitamento que provocou, hoxe sabemos que lonxe de rectificar, o Goberno de España, presidido por Pedro Sánchez, volve propor un novo mapa que retoma a indisimulada intención de suprimir paradas e rutas en termos similares aos do ano 2022″, censuran os senadores lucenses.

Só en Galicia, segundo sostén o PP, o mapa proposto polo Goberno suporía que 22 municipios galegos –máis de 130.000 habitantes– quedarían illados nas rutas estatais.

ÚLTIMAS

Unha talla de madeira provoca graves impactos en mámoas de Lugo

As asociacións ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar unha denuncia perante a Dirección...

José Tomé pide precaución xunto ao río Rato tras supervisar os danos da borrasca Olivier

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, xunto ao alcalde de Lugo,...

Rescatan unha muller ferida tras envorcar co seu coche en Guntín

Unha muller resultou ferida e acabou atrapada tras envorcar o seu coche no municipio...

Un incendio calcina case por completo unha granxa de pavos do Corgo

Un incendio rexistrado na noite deste pasado luns calcinou case por completo unha granxa...