InicioPolíticaSenadores do PP provincial piden explicacións sobre a rehabilitación da A-6

Senadores do PP provincial piden explicacións sobre a rehabilitación da A-6

Acusan a Sánchez de "discriminar" a Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os senadores do PP lucense rexistraron este venres unha pregunta na Cámara Alta dirixida ao Goberno central para saber os motivos polos que o Ministerio de Transportes ampliou o prazo de execución para rehabilitar 60 quilómetros da A-6, ao seu paso pola provincia de Lugo, de 18 a 42 meses. Neste sentido, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano reclamaron unha explicación ao Executivo, ao que acusaron de “discriminar e abandonar” á provincia de Lugo “unha vez máis” en materia de infraestruturas.

“Afecta os veciños nos seus desprazamentos do día a día, aos autónomos, transportistas e lastra o desenvolvemento e a competitividade da provincia”, sinalaron os populares nunha nota de prensa. Con todo, tamén se referiron á postura do BNG, formación da que afearon que en Madrid “continúe apoiando a Sánchez, que marxina á provincia de Lugo”. Así mesmo, aseguraron que o BNG é “ninguneado” por Sánchez e por “o resto de socios” do Goberno.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...