InicioSucesosDetido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro...

Detido un veciño de Castro de Rei por ferir o seu compañeiro cun coitelo acusándoo de facer moito ruído

Está investigado como autor dun delito de tentativa de homicidio (lesións agravadas con arma branca)

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo durante a madrugada deste martes a un veciño de Castro de Rei, de 29 anos, por causar cortes de diversa consideración ao seu compañeiro tras acusalo de facer moito ruído e non deixalo durmir. Está investigado como autor dun delito de tentativa de homicidio (lesións agravadas con arma branca).

Segundo informan nun comunicado, os feitos tiveron lugar no interior da vivenda que compartían vítima e autor cando, tras recriminar a vítima ao seu compañeiro que facía moito ruído de madrugada e non lle deixaba durmir, o infractor empuñou un coitelo ocasionándolle diversos cortes de consideración no corpo.

Os axentes da Garda Civil localizaron á vítima no rellano da porta de acceso á vivenda dunha veciña, coa roupa ensanguentada e con síntomas de hipotermia. Foi trasladado ao centro hospitalario, onde permane na unidade de críticos pendente de valoración para intervención cirúrxica. A persoa detida foi posta a disposición xudicial, a cal decretou o seu ingreso en centro penal.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...