InicioPolíticaConvenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o...

Convenio entre Deputación e os 67 concellos da provincia para modernizar o padrón da man do INE

O proxecto 'Xeopadrón' consistirá na revisión dos datos do padrón de cada un dos concellos lucenses e no seu posterior constraste cos pertenencientes ao INE

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este martes, no Pazo de San Marcos, un convenio de colaboración cos 67 municipios da provincia para levar a cabo unha modernización do padrón coa axuda do Instituto Nacional de Estatística (INE).

O proxecto ‘Xeopadrón’ consistirá na revisión dos datos do padrón de cada un dos concellos lucenses e no seu posterior constraste cos pertenencientes ao INE.

Así, nas declaracións deste martes, o presidente da Deputación lucense afirmou que é este convenio “servirá para preparar o camiño cara o proxecto de ‘Padrón En liña’ que está a desenvolver o INE”.

Doutra banda, a iniciativa suporá un custo de 1,2 millóns de euros procedentes do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que “o Goberno central ten en marcha cos fondos que logrou da Unión Europea para modernizar a economía do país”.

Finalmente, Tomé Roca engadiu que estas axudas “completan o camiño de modernización e transformación dixital das administracións locais que se iniciou con Impulsa TIC, e que está executado ao 100%”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e o secretario xeral da Lingua participan nas II Xornadas de Pensamento Galego

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o secretario xeral da Lingua, Valentín García,...

Deteñen un home por ameazar a dúas persoas cun cúter e unha navalla en Lugo

A Policía Nacional detivo en Lugo a un home como presunto autor dun delito...

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...