InicioSucesosAlertan en Lugo do risco de caída dun menor subido nunha cadeira...

Alertan en Lugo do risco de caída dun menor subido nunha cadeira a un balcón para “contar coches”

Nos últimos días, tiveron que ser auxiliadas varias persoas por desorientación e caídas na cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo desprazáronse, na mañá do pasado martes, a unha vivenda tras a chamada dunha viandante que alertaba de que nun balcón da primeira planta dun edificio do norte da cidade había un neno asomado, sobre unha cadeira, “con risco de caer cara á vía pública”. Á súa chegada non observaron a presenza do pequeno. Ao acceder ao edificio, a que dixo ser a nai do menor manifestou saber que “o seu fillo estivera no balcón, subido a unha cadeira, contando coches” mentres ela se atopaba no domicilio. Os efectivos comunicaron a Servizos Sociais o ocorrido “por se se entendese necesaria algunha actuación complementaria”.

Por outra banda, realizaron varias actuacións vinculadas co auxilio de persoas. O pasado mércores, acompañaron á súa casa a unha muller de 97 anos que vive soa e estaba na rúa desorientada, a cal xa fora atendida “en máis ocasións” polo mesmo motivo e por iso, deron aviso tamén aos Servizos Sociais. O xoves, requiriron a presenza dunha ambulancia para atender a un home que se atopaba durmindo na rúa, “posiblemente ebrio”,quen foi trasladado ao HULA debido a unhas feridas que presentaba na cara. Así mesmo, axudaron a incorporar a unha muller de 64 anos e outra de 86 que se caeron en senllas vivendas.

Noutra orde de cousas, o sábado, os axentes procederon ao desaloxo dunha nai e unha filla do seu domicilio tras desprenderse o chan e unha parte do falso teito no interior dun establecemento público “sen que resultase ningunha persoa lesionada”. Ademais, o xoves, a Policía local de Lugo denunciou a un home polas molestias que estaba a causar ao resto da veciñanza co “volume da música, os golpes e os berros” procedentes do seu piso, así como “por negarse a abrir a porta e a facilitar a súa identidade aos axentes en todas as ocasións que chamaron ao timbre e golpearon a porta de entrada”. Do mesmo xeito, os efectivos iniciaron investigacións sobre outro inmoble para pescudar se pode ser dedicado a vivenda ou se está arrendando “de forma irregular”. Fixérono tras as protestas dos veciños tamén polo volume da música.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...