InicioDeportesO C.B. Breogán reforza o seu xogo interior co ala-pivote Tadija Dragićević

O C.B. Breogán reforza o seu xogo interior co ala-pivote Tadija Dragićević

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Cafés Candelas Breogán comunicou a contratación do ala-pivote serbio Tadija Dragićević, de 32 anos e 2,06 metros de estatura. Procede do Yeşilgiresun Belediye, de Turquía.

Segundo o Breogán, “destaca pola súa versatilidade podendo ocupar varias posicións tanto preto do aro como abertas e posúe capacidade de anotación dende diversas distancias”.

Formouse no Estrela Vermella, coa que xogou Liga Adriática e Liga serbia. Foi elixido no posto 53 do Draft da NBA por Utah Jazz en 2008. Xogou Euroliga a tempada 2010-2011 con Alba Berlín promediando 8.8 puntos, 5 rebotes, 0,7 tapóns e 1.7 asistencias e na campaña 2012-2013 con Anadolu Efes Istanbul promediando 6.2 puntos, 1.9 rebotes, 0.6 asistencias e 0.4 tapóns. 

 

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...