InicioPolíticaDarío Campos asegura que "respectará" a decisión que tome Ferraz para a...

Darío Campos asegura que “respectará” a decisión que tome Ferraz para a presidencia da Deputación

Cre que o principal é terminar coa incerteza e asegura que non será "un problema" para o Partido Socialista

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente en funcións da Deputación de Lugo e alcalde da Pontenova, Darío Campos, asegurou que “respectará” a decisión que tome a comisión federal de listas do PSOE adopte para a presidencia da Deputación de Lugo.

Nunha comparecencia ante os medios visiblemente emocionado, apremou a este órgano –que se reúne este xoves– a tomar a decisión para “saír desta incerteza”. “O máis importante para o min, polo menos, é saír desta incerteza e, unha vez que estea tomada, (a decisión) respectala”, manifestou.

Nunha intervención na que asegurou que non será “un problema” para o Partido Socialista, asegurou que coa mesma “humildade” que entrou na institución provincial marcharase se así o ten que facer nun contexto no que a comisión federal decidirá sobre quen aspirará a este cargo para o que tamén se postulou o alcalde de Monforte, José Tomé.

Precisamente, sobre este proceso, no que ambos os socialistas compiten para optar á presidencia, confesou que o que menos lle gustaron foron “as formas”. “Creo que se se falase cara a cara desde un principio, non habería este problema”, sinalou para precisar que, aínda que non obteña a presidencia, aspira a ser deputado pola zona da Mariña.

“FALTA DE ENTENDEMENTO” COA DIRECCIÓN

Na súa intervención, Campos referiuse a as críticas efectuadas polo dimitido secretario provincial, Álvaro Santos, nas que vinculaba a súa dimisión á falta de diálogo e mala relación coa dirección do PSdG.

Preguntado por esa “falta de diálogo” subliñou que “non” cre que fose tanto “falta de diálogo” como “falta de entendemento“. “E, nese sentido puidemos ter, se cadra, máis sintonía e ao final non se tivo e non se porque, igual porque estorbabamos como dixo algún compañeiro”, sinalou.

En canto á dimisión como secretario provincial do PSOE, valorou o paso dado polo tamén portavoz en funcións da deputación. Campos valorou o que fixera, tal e como lle comentou, por si “era o problema e así se retiraba”. “Pero parece ser que iso non era así”, manifestou para incidir na necesidade de esperar a que Madrid tome a decisión e “aceptala”.

No entanto subliñou que Santos ten o seu “apoio”. “Nunca lle pedín que dimitise porque se fixo un bo traballo e aí están os resultados”, asegurou para indicar que “historicamente é o mellor resultado en canto a alcaldías e concelleiras”. Ademais, tamén destacou o traballo feito na institución provincial nos últimos catro anos.

Por último, preguntado sobre se cre que a persoa que Madrid elixa para a presidencia da Deputación de Lugo debe tamén liderar o partido, Campos lembrou que, “no seu momento”, propúxoselle a el mesmo pero que non o quixo asumir. “Agora dependerá da persoa que colla o cargo de presidente da deputación”. “Dá bastante traballo isto como para ter máis cargos, pero cada un é cada un”, indicou.

Sobre se a situación podería desgastar ao partido de cara ás eleccións autonómicas, Darío Campos considerou que se debe facer a pregunta “a quen provocou esta situación”. “Non son capaz de dicir quen foi, pero isto non era necesario. Ao final estas cousas poden pasar factura”, prognosticou.

IMPUTACIÓN

Por outra banda, preguntado pola súa declaración como investigado por un suposto delito de prevaricación administrativa en relación á denegación dos permisos para unhas obras na Pontenova, asegurou que é “un asunto” que “non” lle preocupa. Así, subliñou estar “tranquilo” e incidiu en que todo o que se fixo foi “co respaldo dos técnicos no concello”. “Como fago na deputación e iso lévame á tranquilidade”, apuntou.

Preguntado se atribúe a denuncia ao deputado non adscrito e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, que dous días antes de pecharse a campaña electoral daba a coñecer a dita investigación, limitouse a dicir que “non” ía entrar “niso”.

“Eu creo que esas cousas son o que son, non foi casualidade. É a forma de ver uns a política diferente a como a vemos outros. Nese sentido está clara a forma de proceder duns e doutros, e non teño máis que dicir nese sentido”, concluía, por momentos un emocionado Darío Campos.

ÚLTIMAS

Obradoiros de coiro, cerámica e teares para celebrar os ‘Días Europeos da Artesanía’

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á...

Coñecemos á ‘Galiartesá’, Pepa Lombao, oleira de Bonxe

O Galicia Confidencial presenta a serie 'Galiartesáns e galiartesas' coa que procura visibilizar diferentes oficios artesáns...

O Concello de Lugo defende que os recursos empregados no Ceao foron “suficientes”

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Ana González Abelleira, saíu ao paso das...

Bombeiros dá por extinguido o incendio no polígono de O Ceao e a Policía Científica inicia a súa investigación

Bombeiros de Lugo deu por extinguido este mércores o incendio que calcinou na xornada...