InicioPolíticaAna Miranda entrega un informe sobre Altri a Teresa Ribera para que...

Ana Miranda entrega un informe sobre Altri a Teresa Ribera para que coñeza “os argumentos en contra” da planta

"Non queremos un novo Prestige na terra", apuntou a eurodeputada nacionalista, que xa levou a cabo varias accións para denunciar esta situación

PUBLICADA O

- Advertisement -

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, entregou á candidata a vicepresidenta executiva da Comisión Europea para unha Transición Limpa Teresa Ribera un informe sobre Altri, co obxectivo de que coñeza “todos os argumentos en contra” da planta que a compañía pretende instalar en Palas de Rei.

“É imprescindible que, se é elixida, a futura vicepresidenta teña todos os datos sobre este proxecto que opta aos fondos Next Generation e escoite todas as voces e todos os argumentos en contra da súa instalación, tan nocivos e prexudiciais para a zona, co obxectivo de impedir que se constrúa un proxecto que incumpre a normativa comunitaria e conta con oposición social en Galicia”, reivindicou Miranda.

Ademais, envioulle unha carta na que lle solicita a Ribera unha reunión cos colectivos que se opoñen á instalación da factoría, segundo recolle o BNG nun comunicado.

Ana Miranda lamentou que, a pesar de que inicialmente se contemplaba a instalación dunha fábrica téxtil, finalmente trátase dunha “macrocelulosa” que se situaría nunha zona “agrogandeira rica en biodiversidade”, insistindo en que o proxecto “non pode acceder aos fondos europeos” ao ser “altamente contaminante”.

“Non queremos un novo Prestige na terra”, apuntou a eurodeputada nacionalista, que xa levou a cabo varias accións para denunciar esta situación.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...