InicioLugo e contornaLugoLocalizado en Lugo un neno de 3 anos que camiñaba só mentres...

Localizado en Lugo un neno de 3 anos que camiñaba só mentres os seus pais rezaban

Un neno de tres anos foi localizado nunha praza da cidade de Lugo cando camiñaba só mentres os seus pais atopábanse no interior dun local de culto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un neno de tres anos foi localizado nunha praza da cidade de Lugo cando camiñaba só mentres os seus pais se atopaban no interior dun local de culto. Segundo informou este martes a Policía Local, os feitos tiveron lugar o pasado domingo, cando varias persoas alertaron de que o neno camiñaba só sen compañía dun adulto.

Tras facerse cargo do menor e iniciar as investigacións para localizar aos seus pais, estes foron localizados no interior dun local de culto. A Policía Local explicou que os proxenitores sinalaron que os nenos quedaran a cargo doutros máis maiores, mentres eles cumprían coa súa relixión e que descoñecían por que se extraviou.

Os pais fixéronse cargo do neno e a Policía Local levantou a acta de infracción apra a súa remisión ao órgano competente de menores.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...