InicioPolíticaBesteiro encabezará a lista de delegados ao Congreso Federal do PSOE pola...

Besteiro encabezará a lista de delegados ao Congreso Federal do PSOE pola provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A executiva do PSOE provincial de Lugo aprobou a lista de 13 delegados e sete observadores que participarán no Congreso Federal que os socialistas celebrarán en Sevilla, unha delegación que estará encabezada polo xefe de filas do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

Nun comunicado, o PSOE de Lugo sinala que “por expreso desexo” do secretario provincial, José Tomé, o primeiro posto da lista ocuparao o secretario xeral do PSdeG. Precisamente, no resto de provincias galegas os responsables provinciais encabezan as candidaturas.

O segundo posto, para respectar a lista cremallera, ocuparao a alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos. Deste xeito, Tomei ocupará o terceiro posto.

O cuarto lugar da lista correspóndelle á secretaria de Organización na provincia, Pilar García Porto; e no quinto posto, o responsable de Organización do PSdeG, Luís Ángel Lago Lage. O número seis ocúpao a deputada autonomía Lara Méndez; os sete, o senador César Mogo; o oito, a parlamentaria no Congerso Patricia Otero; o noveno, Carlos López (A Fonsagrada); o décimo, a deputada provincial Marisol Morandeira; o décimo primeiro, Iván Castro (Paradela); o décimo segundo, Alba López Vila (Sarria); e o décimo terceiro, Francisco Otero Besteiro (O Corgo).

Ademais, a lista de observadores está integrada por: Carmela López Moreno, Pablo Rivera Capón, Marina Ramudo Graña, Roi Rigueira Agromartín, Sabela Thais Sanjurjo Varela, José Fernández Fernández e Silvia Pigueiras Branco.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...