InicioSucesosDetido na rúa do Carme por tentar levar a unha menor do...

Detido na rúa do Carme por tentar levar a unha menor do interior dun vehículo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home de 48 anos de idade, por tentar supostamente levar á forza a unha menor do interior dun vehículo o pasado 11 de outubro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home de 48 anos de idade, por tentar supostamente levar á forza a unha menor do interior dun vehículo. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron o pasado 11 de outubro, cando o 092 recibiu un aviso para acudir á rúa do Carme, por un intento de secuestro dunha nena. Ao chegar, unha persoa que fora testemuña do ocorrido explicou aos axentes que observara como un home se introduciu na parte traseira dunha furgoneta e tentara levar a unha nena, aínda que o resto de ocupantes do mesmo, que o increparon, fixeron que o sospeitoso desistise e fuxise do lugar.

A Policía falou coas persoas que estaban na furgoneta e comprobaron que a nena, de 9 anos de idade, era sobriña dunha delas. Segundo relataron, un home abrira a porta do vehículo mentres facía ademán de coller á nena, e esta, moi nerviosa e chorando, saltou cara aos asentos dianteiros, o que fixo que o home se fose. Posteriormente, a Policía localizou ao sospeitoso e procedeu á súa detención e traslado a dependencias policiais.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...