InicioSucesosInterceptan e retiran 16 puntos do carné a un condutor drogado que...

Interceptan e retiran 16 puntos do carné a un condutor drogado que tratou de fuxir dun control

Foi perseguido por varios policiais

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou e propuxo a retirada de 16 puntos do carné a un condutor que deu positivo en varios estupefacientes e tratou de desobedecer aos axentes.

En concreto, na confluencia da rúa San Roque coa rolda da Muralla, os axentes observaron que o vehículo trataba de evadir o control policial e fuxir cara a carril das Hortas marcha atrás.

Por iso, foi perseguido por varios policiais, que lle deron alcance e observaron que o condutor presentaba signos de inxerir sustancias estupefacientes. Por iso, foi sometido a un test de drogas, no que deu positivo en THC, metanfetaminas e anfetaminas.

Ante iso, os axentes propuxéronlle para unha sanción de 1.000 euros e a retirada de seis puntos polo consumo de estupefacientes. Ademais dunha multa de 500 euros e a retirada doutros seis puntos pola circulación marcha atrás e de 200 euros e catro puntos por desobedecer aos axentes.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...