InicioSucesosDetida unha moza en Lugo por agredir a un home cunha rasuradora...

Detida unha moza en Lugo por agredir a un home cunha rasuradora de cellas

A vítima presentou un corte profundo na cara tras intervir nunha discusión entre a agresora e outro home.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha moza de 20 anos foi detida por cortar na cara a un home cunha rasuradora de cellas na cidade de Lugo. Segundo informa a Policía Local de Lugo nun comunicado, na madrugada do pasado domingo localizaron na estación de autobuses a un home cun corte profundo na cara que asegurou que mediara nunha discusión entre un amigo e outra coñecida, quen sen mediar palabra sacou un obxecto de pequenas dimensións co que lle causou cortes. Requiriuse a presenza dunha ambulancia.

A muller foi localizada nun establecemento nocturno e procedeuse á súa detención. A moza declarou que discutira con dous homes que foi agredida, polo que tivo que defenderse. Durante o cacheo llo atopou unha resuradora de cellas, cun pequeno mango e unha coitela no extremo, que foi supostamente co que causou os cortes ao home.

Foi trasladada a un centro sanitario e despois a dependencias policiais para a instrución de dilixencias por un delito de lesións. Tamén se identificou ao resto de implicados. Por outra banda, na madrugada do luns foi identificada un individuo violento por unha agresión a un home que sufriu unha luxación de ombro.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...