InicioLugo e contornaLugoO BNG esixe "denegar financiamento público" á planta e biogás de Coeses

O BNG esixe “denegar financiamento público” á planta e biogás de Coeses

"Trátase dunha actividade potencialmente contaminante e con malos cheiros recoñecidos que vai ser instalada a moi pouca distancia das vivendas", sinalou o deputado Néstor Rego

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno central que “atenda á falta de garantías ambientais” do proxecto para a instalación dunha planta de xestión de residuos orgánicos e biometanización en Coeses e, se se produce algunha petición de financiamiento con cargo aos fondos europeos ou doutro tipo, “rexéitese a solicitude”.

Así rexistrou varias iniciativas na cámara baixa para reclamar ao Executivo central unha “análise en profundidade” dos “efectos negativos” sobre o medio, aos recursos hídricos e aos veciños deste proxecto.

Nun comunicado, o BNG explicou que quere coñecer a posición do Goberno central despois de que a Xunta declarase este proxecto como “iniciativa empresarial prioritaria”, unha resolución que permite a “simplificación e axilización” dos trámites administrativos.

Desde que se publicou o proxecto e comezou o período de alegacións, os veciños de Coeses, mobilízanse pola “grave afectación” que a posible construción da planta terá nos seus fogares.

“Trátase dunha actividade potencialmente contaminante e con malos cheiros recoñecidos que vai ser instalada a moi pouca distancia das vivendas”, sinalou Néstor Rego.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...