InicioSen categorizarRecuperan unha ave rapaz ferida e que non lograba iniciar o voo

Recuperan unha ave rapaz ferida e que non lograba iniciar o voo

Foi trasladada ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral

PUBLICADA O

- Advertisement -

Unha patrulla da Unidade Territorial da Policía de Barrio recuperou en Lugo unha ave rapaz ferida e que non lograba iniciar o voo. Así o infomra no seu parte de actuacións e en relación a uns feitos que se produciron na mañá do venres, precisa o comunicado.

Os axentes trasladáronse ao lugar e localizaron á ave, que, posteriormente, trasladaron ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Veral.

Noutra orde de cousas, o martes unha patrulla foi requirida por unha parella tras unha discusión na rúa Escocia. Os axentes mediaron na discusión, ao parecer provocada por cuestións económicas e informaron a ambos dos pasos a seguir para formalizar denuncia.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...