InicioLugo e contornaLugoO embaixador de Cuba pide "fórmulas de colaboración" para reforzar lazos entre...

O embaixador de Cuba pide “fórmulas de colaboración” para reforzar lazos entre o pobo cubano e o galego

A delegación cubana, encabezada polo embaixador do país caribeño, participará tamén este martes nun acto de homenaxe convocada na Casa Museo Ángel Castro de Láncara, inaugurada hai dous anos como centro de interpretación da emigración galega, con motivo do 98 natalicio de Fidel Castro

PUBLICADA O

- Advertisement -

O embaixador de Cuba en España, Marcelino Medina, visitou este luns o Concello de Lugo e comprometeuse nunha reunión mantida con membros do Goberno municipal a “explorar fórmulas de colaboración simbólica” no plano “histórico e cultural” para seguir fortalecendo, dixo, as relacións existentes entre o pobo cubano e o galego.

A visita institucional, na que tamén participaron a cónsul xeral do país en Galicia, Ingrid Izquierdo; o director do Centro Fidel Castro Ruz da Habana, René González Barrios; e o presidente da Asociación Amizade e Solidariedade con Cuba, Antonio Rubén Sobrado; arrincou ao fío das 12,30 horas.

Ao termo do encontro, o embaixador da República de Cuba, recibido na casa consistorial polo tenente de alcaldesa, Rubén Arroxo, e as portavoces de PSOE e BNG en representación dos seus respectivos grupos políticos na corporación municipal, abordou brevemente os asuntos tratados na reunión.

“Estamos aquí para conmemorar o 98 aniversario do nacemento de Fidel Castro, que precisamente mañá 13 de agosto cumpriría 98 anos”, comezou dicindo Marcelino Medina, para acto seguido precisar que o obxectivo central da visita non é outro que o de “celebrar o símbolo da gran amizade que existiu sempre entre Galicia e Cuba”.

Un vínculo, indicou, extensible á esfera económica e comercial, que poder referendar no futuro por medio de diferentes acordos de colaboración: “Temos un Centro Fidel Castro na Habana e gustaríanos explorar a posibilidade de que houbese algún centro homólogo aquí onde se poida establecer cooperación en investigación e intercambio de obras de patrimonio”, explicou Medina, antes de manifestar o seu desexo de que a próxima edición da Feira da Habana, que terá lugar no mes de novembro, poida contar con “unha importante representación” de empresarios galegos.

HOMENAXE EN LÁNCARA

A delegación cubana, encabezada polo embaixador do país caribeño, participará tamén este martes nun acto de homenaxe convocada na Casa Museo Ángel Castro de Láncara, inaugurada hai dous anos como centro de interpretación da emigración galega, con motivo do 98 natalicio de Fidel Castro. Unha actividade de “recordatorio”, destacou Medina, “moi emotiva desde o punto de vista simbólico”.

Nunha liña moi similar á do embaixador de Cuba en España manifestouse, ao termo da visita institucional, o alcalde en funcións do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, que asegurou que o Goberno local “estudará” que proxectos levar a cabo para “manter eses lazos que existen” entre Galicia e Cuba.

“Buscaremos algún tipo de fórmula para poder manter ese vínculo no futuro e que poida haber esa cooperación mutua entre o pobo cubano, o pobo galego e especialmente Lugo, porque temos unha ligazón histórica de irmandade”, manifestou Rubén Arroxo.

ÚLTIMAS

Un veciño de Zamora participa na ruta de 4×4 de Becerreá con matrículas falsas

A Garda Civil investiga a un veciño de Zamora de 37 anos como suposto autor dun...

Interceptado en Lugo un condutor que cuadriplicaba a taxa de alcol permitida e circulaba en sentido contrario

A Policía Local de Lugo interceptou este pasado fin de semana a un condutor que circulaba en...

Candia presenta 50 propostas para incluír nos próximos orzamentos do Concello

A portavoz do Grupo Municipal Popular de Lugo, Elena Candia, presentou unha batería de 50...

Localizado en Lugo un mozo fuxido dun centro de menores

A Policía Local de Lugo localizou o pasado domingo, día 12 de xaneiro, a...