InicioComarca de MeiraA Deputación de Lugo investirá 230.000 euros en Pol para completar as...

A Deputación de Lugo investirá 230.000 euros en Pol para completar as instalacións deportivas de Mosteiro

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou un investimento de 230.000 euros en Pol para completar as instalacións deportivas de Mosteiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno da Deputación de Lugo aprobou un investimento de 230.000 euros en Pol para completar as instalacións deportivas de Mosteiro. Así o informou este venres a portavoz socialista, Pilar García Porto, que lembrou que con esta nova achega a institución provincial xa investiu preto dun millón de euros para dotar a este municipio dunha área de lecer e deportiva cun campo de fútbol de herba natural e unha área de xogos.

“Un importante compromiso que adquirimos para que este espazo convértase nun eixo dinamizador social e económico da localidade que favoreza o asentamento de poboación no rural”, explicou García Porto.

Por outra banda, tamén aprobaron o último paso administrativo para o pago de 14 subvencións dentro do programa da Deputación para a dotación e mellora de servizos comunitarios. En total, son máis de 80.500 euros para diferentes entidades de 11 concellos da provincia.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...