InicioLugo e contornaLugoConvocarán un concurso de ideas para desenvolver a contorna do Pazo de...

Convocarán un concurso de ideas para desenvolver a contorna do Pazo de Dona Urraca

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta continúa dando pasos para “seguir reactivando” o barrio da Tinería, no centro histórico de Lugo, tal e como evidenciou este xoves a conselleira de Vivenda, María Martínez Allegue, asinando a compra dun novo inmoble na Rúa Miño que completa a mazá da UI8 que, tras a aprobación do convenio por parte do Concello, permitirá o desenvolvemento urbanístico deste espazo no que se sitúa o Pazo de Doa Urraca.

O inmoble adquirido, por un orzamento de 180.000 euros, sitúase no número 19 da citada rúa e data de 1880. Cabe sinalar que no pasado ano, a Xunta xa comprou o edificio do número 21 desta Rüa Miño, ambos os situados detrás do Pazo de Doa Urraca.

Agora, trala aprobación por parte do Concello do convenio urbanístico para desenvolver a contorna do edificio medieval, a Administración autonómica tramitará, como dixo a conselleira, o Plan Especial para desenvolver urbanisticamente e pór en valor esta UI8 na que están situados todos os inmobles.

Deste xeito, a Xunta convocará un concurso de ideas para redactar de forma conxunta todas as actuacións incluídas no ámbito, tanto a redacción do Plan Especial como a dos proxectos de rehabilitación, obra nova e urbanización. A licitación dos proxectos sería no ultimo trimestre deste ano.

Pola súa banda, ao Concello de Lugo correspóndelle expropiar as edificacións e parcelas que se inclúen no Plan Especial que non son de titularidade do IGVS.

“Unha vez que teñamos todo rehabilitado, quedará a disposición da cidadanía, que poderán acceder ás novas vivendas, a través do Rexistro Único de Demandantes. Lugo é unha cidade prioritaria para a Xunta de Galicia e temos especial coidado con todas as actuacións que levamos a cabo na zona vella da mesma“, dixo a conselleira.

Nos últimos anos, a recuperación da Tinería levada a cabo pola Xunta xa permitiu a rehabilitación de 40 edificios, que posibilitaron a posta a disposición de 96 vivendas que están destinadas a aluguer social. O investimento total que leva realizado a Administración autonómica neste barrio do centro histórico lucense ascende a 26 millóns.

ÚLTIMAS

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...

Catro detidos na desarticulación dunha rede de venda de drogas na provincia de Lugo

A Garda Civil desarticulou unha organización dedicada á distribución de estupefacientes na provincia de...

Unha muller morta e cinco persoas afectadas tras un incendio nunha vivenda en Pas de Reis

Unha muller de 51 anos perdeu a vida e outra cinco persoas resultaron afectadas,...