InicioPolíticaEnrique Rozas renuncia por "asuntos persoais e familiares" á súa acta de...

Enrique Rozas renuncia por “asuntos persoais e familiares” á súa acta de concelleiro no Concello de Lugo

Tras máis de 40 anos de dedicación á política, o seu posto será ocupado polo número 13 da lista municipal: Damián Carballo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O edil do PP no Concello de Lugo, Enrique Rozas, anunciou este luns en rolda de prensa a renuncia á súa acta de concelleiro por “asuntos persoais e familiares” tras máis de 40 anos de dedicación á política e o seu posto será ocupado polo número 13 da lista municipal: Damián Carballo.

Así o comunicou este luns, nunha emotiva rolda de prensa convocada na sede do PP da casa consistorial, a portavoz municipal do partido, Elena Candia, que agradeceu a Rozas a súa “ilusión” e “dedicación” e que precisou que dita renuncia figurará “de maneira inmediata no rexistro” e será efectiva “no pleno ordinario do mes de xullo”.

“Hai algún tempo comunicounos que a súa familia o necesitaba”, explicou Candia durante a súa intervención introductoria, para acto seguido trasladar o apoio unánime do Grupo Municipal Popular (presente, na súa maioría, na rolda de prensa) ao edil á hora de tomar unha decisión que, dixo, “entendemos e respectamos”. “Non é unha persoa fácil de substituír, pero nos próximos días faremos unha convocatoria para explicar a reorganización do Grupo Municipal”, indicou Candia.

Tras o anuncio da portavoz municipal do PP lucense, tomou a palabra o propio Enrique Rozas, que explicou que se decidiu regresar á primeira liña da política municipal en 2023 (tras a súa marcha en 2019) foi porque lle ilusionou o proxecto de Candia e asegurou, “para evitar especulacións ou interpretacións”, que a renuncia á súa acta obedece unicamente a “temas persoais e familiares” que non teñen nada que ver, puntualizou, “co funcionamento nin do partido nin do grupo”.

“Agora xurdiron unha serie de condicións, unha serie de situacións, unhas coñecédelas e outras non procede que as diga, que me fixeron pensar que eu non ía poder dedicarlle o tempo que cría que lle debía dedicar á política. Isto é moi sacrificado”, xustificou Enrique Rozas. O edil popular é tío do loteiro lucense investigado desde o mes de xaneiro pola súa presunta implicación no atraco perpetrado contra a súa propia administración de lotaría.

“A vida dá xiros inesperados e a miña familia necesítame”, insistiu Rozas durante a súa comparecencia de despedida ante os medios, que concluíu indicando que manterá os seus cargos orgánicos dentro do partido como vicepresidente da Xunta Local e coordinador de área na xunta Provincial presidida por Elena Candia.

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo pecha os parques ante a alerta amarela por vento

O Concello de Lugo procederá a pechar os parques a partir das 11.00 horas...

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...