InicioSucesosSuspendido en Lugo o xuízo contra unha muller por simular o seu...

Suspendido en Lugo o xuízo contra unha muller por simular o seu propio secuestro e pedir diñeiro ao seu pai polo rescate

Tanto a principal procesada como o tres supostos secuestradores enfróntanse a unha pena de dous anos e medio de cárcere por extorsión

PUBLICADA O

- Advertisement -

A vista contra unha muller acusada de participar, xunto a outro tres individuos, na simulación do seu propio secuestro e de solicitar ao seu pai o pago dunha cantidade económica pola súa liberación, foi suspendido este xoves no Xulgado do Penal número 1 de Lugo pola incomparecencia da procesada, que se atopaba de baixa.

Os feitos que son obxecto de acusación, e que serán xulgados nunha vista que deberá ser novamente sinalada, tiveron lugar –recolle o escrito da Fiscalía– no mes de maio de 2020 cando a principal imputada, veciña do municipio de Sarria, efectuou unha chamada telefónica ao seu pai manifestándolle que fora secuestrada na localidade de Ponferrada (León).

Foi nese momento, e tras porse previamente de acordo cos outros tres acusados, prosegue o Ministerio Fiscal no seu relato, cando a muller explicou ao seu proxenitor, “finxindo gran aflición”, que os supostos secuestradores tapáranlle a cara e metérona nun coche esixíndolle o pago de 7.000 euros “para non acabar coa súa vida“.

Esa mesma madrugada, os acusados volveron chamar á vítima desde o teléfono da súa filla indicándolle a conta bancaria en que debía realizar o ingreso do diñeiro do rescate, algo ao que o home accedeu procedendo a realizar unha transacción de 200 euros.Ao día seguinte, axentes da Garda Civil localizaron á muller que alertara do seu secuestro camiñando por unha céntrica rúa de Lugo en compañía dun dos seus presuntos secuestradores.

PETICIÓN DE CONDENA

Os citados feitos son constitutivos, entende o Ministerio Público, dun delito de extorsión polo que solicita unha pena de prisión de dous anos e medio de cárcere para cada un dso catro imputados.Tamén demanda a Fiscalía o pago por parte dos procesados, de maneira conxunta e solidaria, dunha indemnización de 200 euros en favor da vítima en concepto de responsabilidade civil. 

O xuízo, suspendido con carácter previo pola incomparecencia da acusada, será reprogramado e o Xulgado do Penal número 1 de Lugo dirimirá a responsabilidade no caso do catro persoas procesadas.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

A Vicepresidencia da Deputación organiza unha proxección de videoclips finalistas nos Mestre Mateo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo reunirá a artistas e equipos de realización e...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...