InicioEconomíaConcentración en Lugo contra os cobros da Seguridade Social a agricultores de...

Concentración en Lugo contra os cobros da Seguridade Social a agricultores de baixa

O Sindicato Labrego Galego detallou que desde xaneiro de 2023 a Lei xeral da Seguridade Social xa dá cobertura a todas as persoas traballadoras aínda que non estean a cotizar con dereito a cesamento por actividade

PUBLICADA O

- Advertisement -

Varias decenas de persoas concentráronse este martes ante a sede da Tesouraría Xeral da Seguridade Social en Lugo convocadas polo Sindicato Labrego Galego para demandar o fin dos cobros aos agricultores de baixa médica que “xa pagaron no seu momento estas cotas” a través de “as súas respectivas mutuas”.

Tal e como trasladou o sindicato, esta cuestión afectaría a máis de 3.000 persoas en toda Galicia. “As persoas de baixa médica non deberían ter que pagar a seguridade social. Son as mutuas as que deben facer este pago. Ante a protesta das mutuas, a seguridade social cargoulles de novo este pago ás persoas enfermas. As primeiras sentenzas dannos a razón, pero a Seguridade Social segue sen devolver os cobros indebidos ou adoptando con claridade este criterio”, explicou a secretaria xeral de SLG, Isabel Vilalba.

Nunha nota de prensa, o sindicato detallou que desde xaneiro de 2023 a Lei xeral da Seguridade Social xa dá cobertura a todas as persoas traballadoras aínda que non estean a cotizar con dereito a cesamento por actividade.

Ademais, engadiu, o Tribunal Superior de Xustiza de Asturias determinou que debe ser a mutua a que se faga cargo das cotizacións a partir do día 60 dunha incapacidade temporal en todos os casos, con independencia de ter ou non a cobertura de cesamento de actividade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...