InicioSociedadeO dispositivo de limpeza para o Arde Lucus mobilizará a case un...

O dispositivo de limpeza para o Arde Lucus mobilizará a case un cento de operarios e máis de 40 vehículos

Incidirá nos espazos e momentos do día nos que se espera unha elevada presenza de público ou xeración de residuos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Concello de Lugo habilitará un dispositivo especial de limpeza viaria e recollida de lixo durante o Arde Lucus que mobilizará a un total de 94 operarios e operarias e a un total de 43 vehículos. “Ten como obxectivo que Lugo poida ofrecer a súa mellor imaxe aos miles de visitantes que chegarán nestas datas e que os lucenses e as lucenses non vexan alterada a calidade dun servizo cada vez mellor valorado”, sinalou o edil de Transición Ecolóxica Miguel Fernández.

O concelleiro destacou que a planificación, deseñada polos técnicos municipais en colaboración con Ecolugo, incidirá nos espazos e momentos do día nos que se espera unha elevada presenza de público ou xeración de residuos. O responsable de Transición Ecolóxica destacou tamén que “para anticiparse ás necesidades de limpeza que derivarán do aumento de público a fin de semana, tanto o sábado como o domingo os traballos empezarán ás 6.00 horas”. Ademais, para garantir unhas óptimas condicións de salubridade nas rúas, o Consistorio instalará un total de 42 sanitarios portátiles, dos que 12 serán adaptados, en distintos puntos do trazado urbano.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...