InicioMedioambiente e PatrimonioAdega alerta de risco para aves en extinción polo polígono eólico proxectado...

Adega alerta de risco para aves en extinción polo polígono eólico proxectado na Pastoriza

A asociación ecoloxista Adega emprendeu unha campaña de recadación de fondos para recorrer este proxecto ante o TSXG.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A asociación ecoloxista Adega sostén que o polígono eólico Carballal, proxectado no Concello da Pastoriza, na zona da Terra Chá, terá “unha afectación directa sobre especies ameazadas” entre as que cita o milano real. Nun comunicado, informa que iniciou unha campaña de recadación de fondos a través do #TiPodesParalos para recorrer este proxecto eólico ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e lembra que o mesmo inclúe a instalación de tres aeroxeradores de 180 metros de altura.

Nunha área, engade, de “máxima sensibilidade ambiental, clasificada como ‘de exclusión’ para aproveitamentos eólicos e fotovoltaicos segundo a zonificación presentada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico”. Apunta tamén que as súas instalacións se sitúan a menos dun quilómetro de distancia dunha área de protección para “a avifauna ameazada”. Por iso, asegura que este proxecto terá unha “afectación directa” sobre especies ameazadas como o milano real (Milvus milvus) e o aguilucho cenizo (Circus pygargus).

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...