InicioLugo e contornaLugoA ANPA do CEIP Albeiros solicita a "revisión dos protocolos" tras o...

A ANPA do CEIP Albeiros solicita a “revisión dos protocolos” tras o presunto caso de abuso

O detido pasará a disposición xudicial nas próximas horas

PUBLICADA O

- Advertisement -

A ANPA do CEIP Albeiros de Lugo, o colexio onde impartía clases o profesor investigado por abusar presuntamente de nove alumnas menores de dez anos ata a súa detención a xornada do mércores –e que pasará a disposición xudicial nas próximas horas– solicitou nunha reunión de urxencia celebrada na tarde do xoves a “revisión dos protocolos” de actuación do centro educativo.

Nun longo encontro, que se prolongou durante máis de dúas horas e no que tomaron parte máis dun centenar de nais e pais, representantes do equipo directivo e docente do colexio e o xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo, os familiares das nenas denunciaron a falta de “comunicación e transparencia” evidenciada durante a xestión da situación e puxeron en dúbida a “boa praxe” do centro á hora de activar os protocolos.

Na reunión, que se desenvolveu de maneira “moi civilizada” a pesar da gravidade dos feitos e ao clima de crispación imperante nas instalacións do centro educativo –puntualizaron desde a ANPA nun comunicado–, o xefe de Inspección Educativa explicou os pormenores do procedemento xudicial e administrativo que se atopa actualmente en curso, o que provocou a indignación e o enfado dalgúns dos asistentes.

APOIO PSICOLÓXICO

Na súa quenda de intervención, os pais e nais dos alumnos do CEIP Albeiros solicitaron a Inspección Educativa, que enviará un equipo técnico ao colexio para completar a investigación administrativa, a posta a disposición dos alumnos dun servizo de asistencia, orientación e apoio psicolóxico.

A Asociación de nais e pais de alumnos, ANPA, do colexio lucense trasladou tras a reunión o seu “total apoio ás familias directamente afectadas” polo sucedido pero fixo un chamamento, ao mesmo tempo, a “respectar” todos os procedementos xudiciais e administrativos en curso.

O docente detido, ao que non fixo alusión de maneira directa a ANPA no seu comunicado, pasará a disposición do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo este venres, unha vez que a Unidade de Atención á Familia e Muller (UFAM) da Policía Nacional que dirixe a investigación dea por completado o seu expediente.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...