InicioSucesosDetida unha muller que roubou xoias da vivenda na que traballaba en...

Detida unha muller que roubou xoias da vivenda na que traballaba en Ribeira de Piquín

Os feitos sucederon entre abril e maio, cando a suposta autora, que traballaba no domicilio, subtraeu diversas xoias que os propietarios, de avanzada idade, tiñan no interior da vivenda. Xa foi detida pola Garda Civil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a unha muller acusada de roubar xoias do interior dunha vivenda na que se atopaba traballando, no municipio lucense de Ribeira de Piquín. Os feitos sucederon entre abril e maio, cando a suposta autora, que traballaba no domicilio, subtraeu diversas xoias que os propietarios, de avanzada idade, tiñan no interior da vivenda.

Un familiar dos propietarios da vivenda foi quen advertiu da falta das xoias e presentou denuncia en dependencias oficiais da Garda Civil. Tras ter coñecemento destes feitos, os investigadores realizaron un rexistro do domicilio da suposta autora coa finalidade de achar evidencias. A suposta autora foi detida, quedando a disposición do Xulgado de Instrución de Fonsagrada.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...