InicioLugo e contornaLugoO goberno de Lugo valida a executar dúas sentenzas sobre as xefaturas...

O goberno de Lugo valida a executar dúas sentenzas sobre as xefaturas de Persoal e Arquitectura

O PP critica a xestión dos recursos humanos no Concello e esixe á alcaldesa que "se desculpe" e "asuma responsabilidades"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno local do Concello de Lugo dará luz verde este mércores á execución de dúas sentenzas xudiciais que lle obrigan, por unha banda, a restituír á funcionaria que ocupaba o posto de xefa de Persoal e, por outro, a retrotraer o proceso de nomeamento de xefe ou xefa do servizo de Arquitectura.

Segundo confirmou o propio goberno municipal, este mércores aprobará retrotraer do proceso de nomeamento a diario de libre designación do posto de xefe de Arquitectura ao momento en que unha das persoas aspirantes presentou unha reclamación. Ese proceso, realizado en 2021, foi anulado polos tribunais.

Por outra banda, o Concello notificará ao longo dos próximos días á anterior xefa de Persoal, que foi relevada do seu cargo en 2019 (precisamiento, sendo concelleiro de Recursos Humanos a actual alcaldesa, Paula Alvarellos), “para que comunique a súa intención de reincoporarse á Administración municipal”. Nese caso, tamén a xustiza deu a razón á funcionaria que agora ten que ser readmitida no posto.

“Acátase así un imperativo legal, á vez que o equipo de goberno continúa traballando para avanzar na cobertura das prazas vacantes e na dotación de persoal para os distintos servizos municipais”, trasladaron nunhas comunicado fontes do goberno local de Lugo.

CRÍTICAS DO PP

O grupo municipal do PP en Lugo constatou, á vista de que agora terá que cumprir as sentenzas, que “o PSOE, coa complicidade do BNG, fixo informes a medida e interpretacións arbitrarias para apartar á xefa de Persoal, e para excluír do procedemento a unha candidata á praza da xefatura de Arquitectura”.

Por iso, os ‘populares’ pediron á alcaldesa “que se desculpe” e “asuma responsabilidades pola caza de bruxas que levou a cabo en postos estratéxicos” da administración municipal. “Calquera alcalde con dúas sentenzas demoledoras na súa contra como estas, o primeiro que faría é, no plano político dimitir, e eb o plano persoal pedir perdón”, sinalou a edila do PP, Mar Carballas.

Así mesmo, lamentou que o Concello de Lugo “supende rotundamente” en materia de Persoal, cun goberno que “tenta facer unha garda pretoriana de afíns, privatiza servizos que se poderían prestar con persoal propio e non cobre as vacantes”.

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...