InicioLugo e contornaO BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao...

O BNG urxe ao Ministerio de Transportes realizar actuacións na N-6 ao seu paso polos concellos lucenses

Trátase do "maior punto negro" viario do Estado español segundo a Fundación RACE.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas na cámara baixa para demandar ao Ministerio de Transportes que realice as actuacións previstas na N-6 no tramo Baamonde-Rábade-Outeiro de Rei. Así, no marco da campaña impulsada pola formación nacionalista en Lugo para o arranxo das infraestruturas viarias, Rego sinalou a necesidade de iniciar “unha rehabilitación integral” desta vía para “impedir” que se continúen producindo accidentes neste tramo.

Segundo informou o BNG, os últimos datos feitos públicos no último informe da Fundación RACE o “maior punto negro” viario do Estado español é ese tramo da N-6. Ante esta situación, Néstor Rego rexistrou iniciativas para que o Ministerio de Transportes realice “actuacións urxentes” para a “rehabilitación, reparación e mellora integral”. O obxectivo da iniciativa “é impedir” que se sigan producindo accidentes nestes tramos, “eliminando o punto negro” das estradas lucenses.

Ademais, Rego demandou coñecer o calendario que manexa o Ministerio para o inicio dos traballos de mellora neste tramo da N-6 e reiterou a necesidade de actuar de “maneira urxente” nestes puntos.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...