InicioEconomíaO BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de...

O BNG reclama melloras da N6 no seu paso pola provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de iniciativas parlamentarias para demandar ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que leve a cabo actuacións na N6 ao seu paso pola provincia de Lugo.

En concreto, no tramo entre Baamonde, Rábade e Outeiro de Rei, que concentra “numerosos accidentes”. “Queremos unha rehabilitación integral da vía para impedir que se sigan producindo”, reivindicou Rego, no marco da campaña impulsada polos nacionalistas en Lugo para o arranxo das infraestruturas viarias.

Nun comunicado, o BNG indicou que segundo o último informe da Fundación RACE, o maior punto negro viario de España é o traxecto da N6 nesas localidades, entre os puntos quilométricos 517 e 528.

“Queremos coñecer se o Ministerio ten pensado realizar obras neste tramo que transcorre entre os núcleos de Baamonde, Rábade e Outeiro de Rei e, se existe esta previsión, en que fase da tramitación administrativa atópanse as actuacións“, engadiu Rego.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...