InicioLugo e contornaPortomarínMorre un peregrino norteamericano en Portomarín

Morre un peregrino norteamericano en Portomarín

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un peregrino faleceu este mércores no municipio lucense de Portomarín, segundo informou a Garda Civil de Lugo.

Ao redor das 13,00 horas, o 112 recibe o aviso dun peregrino inconsciente no lugar de Castromaior, en Portomarín. Concretamente, no punto quilométrico 82,3432.

Apuntan que aínda que se enviaron patrullas, só se puido notificar o falecemento do peregrino, un home norteamericano que viaxaba coa súa muller.

Ás 15,30 horas procedeuse ao levantamento do cadáver.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...