InicioSociedadeAs funerarias de Lugo terán un sistema de "cita previa" para ofrecer...

As funerarias de Lugo terán un sistema de “cita previa” para ofrecer os seus servizos no concello

O novo sistema busca mellorar a xestión dos enterros e dotar de "maior autonomía" ás empresas funerarias para ofrecer os seus servizos

PUBLICADA O

- Advertisement -

A concelleira da área de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, presentou este venres o novo sistema de cita previa desenvolvido desde o Goberno local para “simplificar” o traballo das empresas funerarias no cemiterio municipal da cidade.

Un sistema, puntualizou, “moi sinxelo e moi intuitivo” chamado a “mellorar a xestión dos enterros” no cemiterio de San Froilán entregando “maior autonomía” ao sector funerario para poder comprobar a dispoñibilidade de horarios no recinto e ofrecer así os seus servizos aos clientes.

O obxectivo é que as funerarias se poidan organizar de forma totalmente autónoma e poidan ver desde as súas oficinas a dispoñibilidade de horarios que hai“, explicou a concelleira do BNG, para acto seguido lembrar que o cemiterio de San Froilán acolle cerimonias de enterro “durante os 365 días do ano”.

O novo sistema de cita previa, que persegue, precisou tamén a titular da área de Participación do Concello de Lugo, “facilitar” a xestión dos enterros á cidadanía, entrará en funcionamento ao longo dos próximos días para as empresas funerarias dadas de alta que poderán acceder ao servizo a través dun código.

A iniciativa promovida desde a área de Participación foi presentada pola edila nacionalista a representantes dos servizos funerarios da cidade nunha reunión celebrada na sala de novas tecnoloxías do Concello de Lugo.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...