InicioMedioambiente e PatrimonioO BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno central que...

O BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno central que se opoña ao proxecto de Altri

O BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno no Senado que manifeste a súa oposición ao proxecto e que quede excluído das axudas PERTE de descarbonización industrial.

PUBLICADA O

- Advertisement -

BNG reclamará na próxima sesión de control ao Goberno no Senado que manifeste a súa oposición ao proxecto da multinacional portuguesa Altri no municipio lugués de Palas de Rei e que quede excluído das axudas PERTE de descarbonización industrial. “O Goberno debe aclarar se aposta por este proxecto á conta dos nosos sectores produtivos”, sinalou a senadora nacionalista Carme da Silva nun comunicado no que o Bloque avanza este venres que o proxecto da comarca da Ulloa será o asunto polo que cuestionará na Cámara alta ao ministro de Industria, Jordi Hereu.

Da Silva quere que o Executivo central aclare se existe “algún tipo de compromiso” polo que “a macrocelulosa poida acceder” aos fondos Next Generation que, como lembra a senadora, demanda a propia empresa para levar a cabo o seu proxecto en Galicia. “Os criterios establecidos para a percepción destas axudas deixan claro que só se poden financiar aqueles proxectos que contribúan a asentar economías máis sustentables e mellor preparadas para as transicións ecolóxicas e dixitais. O proxecto de Altri non o fai”, avanzou Da Silva que defenderá na Cámara alta.

Así as cousas, considera que o Goberno “non pode amparar nin apoiar o desenvolvemento de industrias que afecten negativamente o medio ambiente, á protección da biodiversidade e ao uso sustentable dos recursos hídricos”. Doutra banda, o Concello de Láncara aprobou unha moción presentada polo BNG en contra do proxecto de Altri.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo rexeita unha moción do PP para impedir o pagamento da defensa xurídica de Tomé

O pleno da Deputación de Lugo viviu este martes un intenso debate a raíz...

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

A Deputación esixe á Xunta a retirada do decreto que pecha os centros de saúde os sábados

  O Pleno da Deputación de Lugo aprobou este martes reclamarlle á Xunta de Galicia...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...