InicioLugo e contornaLugoO PP de Lugo tacha de "hipócrita" ao BNG por apoiar ao...

O PP de Lugo tacha de “hipócrita” ao BNG por apoiar ao Goberno e reclamar o tren “cando non hai eleccións”

Tal e como explican nun comunicado, para o grupo municipal do PP o BNG prioriza os seus intereses políticos "por encima das necesidades dos lucenses"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo tachou de “hipócrita” ao BNG e ao seu portavoz nacional, Ana Pontón, á que acusou de ir á cidade a “dar titulares de prensa que pretenden ser belixerantes co Goberno central cando á hora da verdade son os cooperadores imprescindibles para que o PSOE siga castigando a Lugo e condenándoa a ser a cidade con peores comunicacións de España”.

Tal e como explican nun comunicado, para o grupo municipal o BNG prioriza os seus intereses políticos “por encima das necesidades dos lucenses”.

A este respecto, os populares recrimináronlles que “cando tiveron ocasión de ser determinantes e poder achegar a Lugo algo que lles dea valor, foron absolutamente sumisos”, en alusión aos acordos da investidura con Pedro Sánchez, “onde comprometeron melloras que non se cumpriron”.

“Afortunadamente, cando os lucenses tiveron a ocasión de elixir a quen queren para liderar o futuro e a defensa de Galicia fronte ao Goberno central, optaron polo Partido Popular e a Alfonso Rueda, con máis dun 50% de apoio o 18 de febreiro, e o pasado 23 de xullo converteron á provincia no de máis apoio para o PP de toda España“, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...