InicioSucesosSancionan a un home que se masturbaba dentro dun vehículo na vía...

Sancionan a un home que se masturbaba dentro dun vehículo na vía pública

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo identificou na tarde deste luns a un home de mediana idade que se masturbaba dentro dun vehículo estacionado na vía pública.

Segundo indicou o corpo, unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio desprazouse na tarde do luns á Avenida da Coruña, tras recibir unha alerta pola presenza dun home, supostamente masturbándose, dentro dun vehículo.

No lugar, os axentes localizaron o vehículo estacionado e observaron como un home estaba recostado na parte posterior do turismo cos xenitais ao descuberto. Os axentes procederon á identificación desta persoa, levantando acta de intervención para a súa remisión á Autoridade competente pola execución de actos de exhibición obscena.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...