InicioSucesosDous feridos tras chocar un camión quitaneves e unha furgoneta en Cervantes

Dous feridos tras chocar un camión quitaneves e unha furgoneta en Cervantes

Tratouse dunha colisión frontolateral entre un camión quitaneves e unha furgoneta na estrada LU-P-0702, ao seu paso polo municipio lucense de Cervantes, ao redor das 10.20 horas deste luns 1 de abril.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Dúas persoas resultaron feridas despois de producirse unha colisión frontolateral entre un camión quitaneves e unha furgoneta na estrada LU-P-0702, ao seu paso polo municipio lucense de Cervantes. Tal e como informou a Garda Civil, o sinistro produciuse á altura do quilómetro 6 desta vía, que une Becerreá e Navia, ás 10.20 horas deste luns. Ata o lugar desprazáronse efectivos do Instituto Armado, así como membros de Protección Civil e persoal sanitario, que atendeu aos condutores e únicos ocupantes dos vehículos implicados neste accidente.

+ posts

ÚLTIMAS

O Vello Cárcere será declarado Lugar de Memoria Democrática

O portavoz do PSOE de Lugo, Miguel Fernández, confirmou este martes que O Vello...

Policías nacionais e gardas civís pechan en Lugo a súa Marcha pola Dignidade Policial denunciando a falta de medios

Axentes da Policía Nacional e da Garda Civil concentráronse este martes en Lugo dentro...

Un incendio forestal en Xermade queima máis de 20 hectáreas nunha tarde de lumes en Galicia

A Consellería do Medio Rural mobiliza nove aeronaves para sufocar o foco activo en Roupar, mentres Boborás baixa a Situación 2 tras arrasar 230 hectáreas e Padrón queda estabilizado.

O PP leva ao Senado a falta de cobertura móbil e fibra no rural de Lugo

A Comisión de Transformación Dixital do Senado debaterá e votará este martes unha iniciativa...