InicioEconomíaNova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao...

Nova oficina do SEPE en Lugo, pola que pasarán 27.000 veciños ao ano

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na cidade, cuxas instalacións foron visitadas este luns polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e pola alcaldesa Paula Alvarellos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A antiga Escola de Enfermaría de Lugo acolle a nova oficina do SEPE na cidade, cuxas instalacións foron visitadas este luns polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e pola alcaldesa Paula Alvarellos. Na visita, Pedro Blanco puxo de manifesto que a nova oficina responde á “aposta” do Goberno por facer uns servizos públicos “adaptados ao século XXI” e agradeceu ao goberno municipal que puxese “todo tipo de facilidades” para a rehabilitación do inmoble.

Segundo lembrou o delegado, o SEPE tramita ao ano prestacións por valor de 109 millóns de euros na provincia, dos que uns 50 millóns correspóndense á cidade de Lugo. “É un servicio esencial, trátase de achegar os servizos públicos á cidadanía, de forma digna para os usuarios e para os 12 funcionarios públicos que aquí traballan”, engadiu, e explicou que estas oficinas atenderán ao ano a 27.000 persoas.

Pola súa banda, a alcaldesa agradeceu o compromiso do Goberno central, que se materializou na cesión do edificio e nun investimento de 1,2 millóns de euros para o seu acondicionamento. Respecto diso, celebrou que estas novas instalacións benefician a toda a cidade, e especialmente aos veciños da Residencia, porque a oficina do SEPE contribuirá a “dinamizar” a zona.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...