InicioMedioambiente e PatrimonioDescubertos varios sitios arqueolóxicos nos Ancares

Descubertos varios sitios arqueolóxicos nos Ancares

O Colectivo Patrimonio dos Ancares xa deu aviso á Xunta para a súa protección.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Colectivo Patrimonio dos Ancares comunicoulle á Xunta de Galicia a localización de varios bens arqueolóxicos nesta comarca para que procedan á súa catalogación. Trátase dun castro, un asentamento romano e unha estación de petróglifos.

En Robledo de Son, no concello de Navia de Suarna, informaron da existencia dun castro que, a pesar de conservar o topónimo e de figurar nalgunha cartografía, non aparece recollido nos visores patrimoniais da Xunta de Galicia (Plan Básico Autonómico e Aproveitamentos Forestais). Situado a 650 metros de altitude, ten unhas medidas totais aproximadas de 100 por 90 metros, cunha croa na parte sur de 45 por 30 metros. Aínda que o sitio recibe o nome de Os Castros, en plural, só se puido localizar un asentamento claro. O outro, segundo referencias orais, estaría a uns 350 metros do anterior, nun pequeno outeiro rochoso sobre o rego do Minguelo, tributario do río Navia, ao que non foi posible acceder debido á ausencia de camiños á vista, posiblemente tapados, se os hai, pola mestísima maleza.

En San Miguel, na parroquia de Vilarello, concello de Cervantes, comunicamos a existencia dun probable asentamento de época romana no monte coñecido como Alto da Coroa, situado a 1.035 metros de altitude. Non figura recollido nos visores patrimoniais da Xunta de Galicia nin no PXOM do Concello de Cervantes. Debido aos labores agrícolas e logo polo acondicionamento do terreo para a instalación de torretas de alta tensión, perdeu a súa configuración orixinal, pero si se aprecia claramente nas fotos do voo americano dos anos 1956-57. 

De forma tirando a rectangular, tiña unhas medidas aproximadas de 125 por 65 metros e estaba delimitado por unha muralla. Hai anos apareceron, ao menos, dous muíños circulares de man e anacos de vasillas cerámicas. “Cremos que estaría relacionado coas numerosas explotacións mineiras existentes nas inmediacións e a Vía Romana XIX”, apunta Xabier Moure, impulsor deste colectivo. A un par de quilómetros en liña recta tamén se atopa o campamento temporal romano da Cortiña dos Mouros.

Tamén no concello de Cervantes localizamos uns petroglifos. Foi no monte da Reboleira, na parroquia de Castelo. Trátase de tres penas de lousa cun total de cinco coviñas de distintos tamaños. Ao non estar asociadas a outros motivos, non nos atrevemos a aventurar unha cronoloxía aproximada.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...