InicioMedioambiente e PatrimonioEcoloxistas en Acción denuncia que a planta de Altri en Palas consumirá...

Ecoloxistas en Acción denuncia que a planta de Altri en Palas consumirá o total da auga da provincia de Lugo nun día

Pide á Xunta que denegue a Altri a captación de auga no río Ulla.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Ecoloxistas en Acción reclama á Xunta que denegue á compañía portuguesa Altri a solicitude de captación de auga e vertido o río Ulla para a planta de fibras téxtiles que proxecta en Palas de Rei.

A través dun comunicado, este colectivo súmase a outros ecoloxistas para criticar a instalación deste proxecto que “ocupará tanto terreo como a extensión de Santiago de Compostela” e “precisará dun consumo diario de auga superior” á que emprega “toda a poboación de toda a provincia de Lugo no mesmo día”.

“Da captación devolverán tres cuartas partes da auga, pero desta auga devolta descoñécese o tipo de tratamento que terá despois do seu uso para os distintos procesos químicos que a pasteira realizará para fabricar fibras téxtiles e celulosa”, asevera Ecoloxistas en Acción.

Ademais, a organización advirte que as verteduras previstas pola compañía serán “unha multiplicación da carga orgánica e da carga de nutrientes” que ingresan nos encoros, o que afectará –asevera– ás captacións “para o consumo humano, á calidade da auga para o baño” e a “todo o ecosistema actuático” do Ulla. A isto suma que esa parte da conca do río “sofre problemas importantes” de seca.

Por todo iso, Ecoloxistas en Acción non só pide a Augas de Galicia que denegue a solicitude de Altri, senón que reclama que solicite informes vinculantes “a polo menos 23 organismos” sobre “os impactos reais” que tería a autorización de captación e a vertedura sobre unha contorna polo que, ademais, pasa o Camiño de Santiago.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...

O Concello de Lugo pide axilidade á Deputación na renovación da avenida Adolfo Suárez

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo un encontro co presidente da Asociación de...

González Abelleira cualifica o “plan de choque” de Candia para o SAF como “unha fraude política” 

A portavoz adxunta do Grupo Municipal Socialista, Ana González Abelleira, denunciou hoxe que o...